product
2169017Cumes Torboentoshttps://www.gandhi.com.mx/cumes-torboentos/phttps://gandhi.vtexassets.com/arquivos/ids/1871222/627a9ccf-4312-4c3f-b2c1-d8afbde01911.jpg?v=638342099683100000282282MXNLaioventoInStock/Ebooks/<p>Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Bront, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, Cumes Torboentos non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. Cumes Torboentos é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.</p>...2071089Cumes Torboentos282282https://www.gandhi.com.mx/cumes-torboentos/phttps://gandhi.vtexassets.com/arquivos/ids/1871222/627a9ccf-4312-4c3f-b2c1-d8afbde01911.jpg?v=638342099683100000InStockMXN99999DIEbook20239788484876502_W3siaWQiOiJjOTQxZWU0Ny0xYmQ1LTQ3OTctYjFiMy04N2RkOTJkZTA4N2IiLCJsaXN0UHJpY2UiOjI3OCwiZGlzY291bnQiOjAsInNlbGxpbmdQcmljZSI6Mjc4LCJpbmNsdWRlc1RheCI6dHJ1ZSwicHJpY2VUeXBlIjoiQWdlbmN5IiwiY3VycmVuY3kiOiJNWE4iLCJmcm9tIjoiMjAyNS0wNi0wNlQxNTowMDowMFoiLCJ0byI6IjIwMjUtMDYtMzBUMjM6NTk6NTlaIiwicmVnaW9uIjoiTVgiLCJpc1ByZW9yZGVyIjpmYWxzZX0seyJpZCI6IjY3NDMwYTA2LWZkNGItNDE5Zi1iYzlhLTI3YzhjNzllYWFiMCIsImxpc3RQcmljZSI6MjgyLCJkaXNjb3VudCI6MCwic2VsbGluZ1ByaWNlIjoyODIsImluY2x1ZGVzVGF4Ijp0cnVlLCJwcmljZVR5cGUiOiJBZ2VuY3kiLCJjdXJyZW5jeSI6Ik1YTiIsImZyb20iOiIyMDI1LTA3LTAxVDAwOjAwOjAwWiIsInJlZ2lvbiI6Ik1YIiwiaXNQcmVvcmRlciI6ZmFsc2V9XQ==9788484876502_<p>Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Bront, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, Cumes Torboentos non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. Cumes Torboentos é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.</p>...9788484876502_Laioventolibro_electonico_24c1b27c-6530-3de4-80aa-9bbcefce6437_9788484876502;9788484876502_9788484876502Emily BrontEspañolMéxicohttps://getbook.kobo.com/koboid-prod-public/edicat-epub-3471415d-0534-44c6-9651-a9f3a0c4857f.epub2023-08-30T00:00:00+00:00Laiovento